top of page

Danza para nenxs/
DanzaNenxs

Alfaia oferta unha pedagoxía alternativa da danza: "DanzaNenxs".

 

"DanzaNenxs" é unha filosofía, un xeito de facer que comeza a poñerse en práctica da man de Marta Alonso no 2009 como unha alternativa á pedagoxía de danza comunmente utilizada nas escolas desta disciplina. É unha filosofia de traballo compartida por unha equipa de profesionais; que segue medrando e repensándose en cada curso academico. É un estilo de compartir danza e o xeito de facer na aula utilizado principalmente en Alfaia Danza. Posto en práctica con cada grupo de Nenxs e dirixido por Paula Quintas e Marta Alonso. 

 

O físico e o artístico mestúrase para desenvolver as capacidades danzarias, imaxinativas e expresivas d@s nen@s.

Traballamos a danza dende unha perspectiva multidisciplinar e escénica, sumerxíndonos nunha danza teatral e deixándonos levar tamén ao polo do conceptual. 

Atendemos á técnica de movemento da disciplina en particular, pero sen primala por enriba de todas as cousas.  

Traballamos polo crecemento de nenas e nenos espert@s, que bailan, crean danza, e saben traballar autonomamente na clase , na escena e na vida.

 

 

BALLET CREATIVO / CONTEMPORÁNEO


Partindo do curriculum académico da Royal Academy of Dance de Londres ; propoñemos unha clase de ballet clásico que presenta a técnica a través do humor, o xogo e a teatralidade.

Combinada con técnicas contemporáneas, que permiten explorar a mobilidade e expresividade do corpo en novos planos, e técnicas de improvisación coas que desenvolver o movemento natural e a cor imaxinativa única de cada persoa.

 

Presentamos un achegamento multidisciplinar á danza no que o desenvolvemento  das capacidades físicas, imaxinativas e a dispoñibilidade ao xogo para o movemento son máximas no facer.
 

DANZA MODERNA TEATRAL & beakdance

Achegamento multidisciplinar á danza. 


Partindo dunha mezcla de estilos que será a base da clase: Funky, Hip Hop e Breakdance; e combinado cunha introducción a elementos acorbáticos básicos, traballo de elasticidade e coordinación, movememento teatral, expresión clown e traballo do ritmo e precusión corporal con petiscos de claqué; presentamos unha pedagoxía alternativa da danza na que teñen tanta importancia o desenvolvemento das capacidades técnicas d@ nen@, como o desenvolvemento da sua expresividade e teatralidade corporal. 


 

Para mais idade , consulta Danza Xoven​

Ballet e danza moderna propóñense como actividades complementarias.

Aos inicios de Danza Alfaia, non había clases de Danza Moderna e xs alumnxs tomaban dúas clases de ballet clásico á semana. Co paso do tempo decidimos combinar estas dúas actividades complementarias para ofertar un achegamento á danza mais completo e estimulante. En vez de dúas clases de ballet á semana xs alumnxs comezaron a cursar só unha, e no tempo destinado á segunda sesión comezamos a aprender este outro estilo que nos producía mais dinamismo e frescura. 

Este é o xeito no que propoñemos o curriculum e o horario para xs peques. 

 

Se a tua nena ou neno é unha apaixonadx da danza e sempre quere mais ... combinade!

 

​DanzaNenxs Website: Click!
bottom of page