top of page

Alfaia Danza comeza a traballar como equipa no 2009, recollendo a longa traxectoria da Asociación Alfaia ata entonces especializada na pedagoxía musical. 

 

Na actualidade, a actividade de danza consolídase dentro da Asociación Alfaia (escola de música e danza) como unha oferta de calidade e interese social que se desenvolve cunha personalidade propia, como xa antes aconteceu coa actividade de música. 

Dende Danza Alfaia presentamos un achegamento á danza para todxs xs públicos, cercana, alternativa de ocio e de saúde.

Distínguímonos particularmente polo coidado da dimensión artística. A equipa de Danza Alfaia caracterízase por estar ligada a creación escénica profesional. A profesionalidade na escena é un "xeito de facer" que se transmite nas nosas aulas.

Danza Alfaia aposta por unha pedagoxía alternativa de danza para nenxs: DanzaNenxs. Baseada no humor, no xogo, na experiencia artística, na teatralidade, no coñecemento do corpo, e na imaxinación.

Ademáis, presenta alternativas de danza para mozxs e adultxs, nas que se xera un clima de traballo grupal que atende ao ritmo e ás necesidades individuais. 
 

Estás preparadx para sentir a danza? Benvido a DanzaAlfaia. 

#disciplines
PRE-BALLET,

BALLET CONTEMPORÁNEO,

DANZA CONTEMPORÁNEA,

CREACIÓN CONTEMPORÁNEA, 

DANZA MODERNA,

DANZA URBANO,

DANZA CREATIVA,

LINDY HOP

SWING

TEATRO FÍSICO,

OBRADORIOS INTENSIVOS: PILATES, DANZA EN FAMILIA.

OBRADORIOS FORMACIÓN PROFESIONAL EN CONTEMPORÁNEO

DANZA 
Alfaia

COORDINACIÓN DANZA ALFAIA
 

Coordinación e promoción da actividade de Danza Alfaia.
Direción e produción de eventos: festivais, encontros, colaboracións. 

Programación de actividades profesionais relacionadas coa danza: workshops profesionais, residencias artísticas.

 

PROFESORADO

bottom of page