Danza URBANA
Filosofía DanzaNenxs
Partindo dunha mezcla de estilos: Funky, hip Hop e Breakdance , combinada cunha introducción ás acrobacias básicas, traballo de elasticidade e coordinación, movemento teatral e expresión clown; presentamos unha pedagoxía alternativa da danza na que teñen tanta importancia o desenvolvemento das capacidades técnicas d@ nen@, como o desenvolvemento da sua expresividade e teatralidade corporal.
Traballando polo crecemento de nenas e nenos espert@s que bailan, crean danza e saben traballar autónomamente na clase, na escena e na vida.
A filosofía "DanzaNenxs" comézase a pensar e poñer en práctica no 2009, da man de Marta Alonso, como unha alternativa á pedagoxía de danza comúnmente utilizada nas escolas. Na actualidade é unha filosofía de traballo que segue medrando e repensándose. É o xeito de facer con nenxs utilizado principalmente en Alfaia Danza e posta en práctica por Paula Quintas e Marta Alonso.
Edades e horarios por nivéis:
Moderno / Teatral: Nivel 1 (nen@s nacid@s entre 2008 e 2010).
Venres de 18:00 a 19:00h. Dirixe a actividade: Marta Alonso. Límite de prazas: 15
Moderno / Teatral: Nivel 2 (dende nen@s nacid@s en 2007)
Venres de 19:00 a 20:00h. Dirixe a actividade: Marta Alonso. Límite de prazas: 15
Para mais edade; Consultar "DanzaXoven"
