OBRADORIO DANZA CONTEMPORÁNEA con Poliana Lima
Sat, Mar 22
|Santiago de Compostela
Un todo articulad: ese estado so que chamamos danza.


Horario y ubicación
Mar 22, 2025, 10:00 AM – Mar 23, 2025, 2:00 PM
Santiago de Compostela, Centro Comercial Area Central, L27B, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Invitados
Acerca del evento
Un todo articulado: este estado ao que chamamos danza.
Nestas sesións de adestramento traballaremos con dous eixos centrais: por unha banda, a
práctica da atención como método básico para investigar o movemento e por outro, como contido, a construción dun corpo articulado, no cal un poida primeiro recoñecer,os graos de independencia das diversas partes do corpo para poder entón asocialas de forma consciente e creativa.
Un todo articulado toma como punto de partida ao corpo non só no seu aspecto físico-matérico, senón na súa totalidade, coas súas dimensións mentais e emocionais.
O taller ten como obxectivo ofrecer unha práctica de movemento na que se altere a forma cotiá de articulación entre estas dimensións, creando así a posibilidade da aparición deste estado ao que chamamos danza.