top of page

D A N Z A   P A R A   N E N X S  / "DanzaNenxs" 

"DanzaNenxs"
 

Alfaia oferta unha pedagoxía alternativa da danza: "DanzaNenxs".

 

"DanzaNenxs" é unha filosofía, un xeito de facer que comeza a poñerse en práctica da man de Marta Alonso no 2009 como unha alternativa á pedagoxía de danza comunmente utilizada nas escolas desta disciplina. É unha filosofia de traballo compartida por unha equipa de profesionais; que segue medrando e repensándose en cada curso academico. É un estilo de compartir danza e o xeito de facer na aula utilizado principalmente en Alfaia Danza. Posto en práctica con cada grupo de Nenxs e dirixido por Paula Quintas e Marta Alonso. 

 

COMO ENTENDEMOS E PRESENTAMOS A DANZA

 

O físico e o artístico mixtúranse para desenvolver as capacidades danzarias, imaxinativas e expresivas d@s nen@s.

 

Traballamos a danza dende unha perspectiva multidisciplinar e escénica; Sumerxíndonos nunha danza teatral e deixándonos levar tamén ao polo do conceptual ;

 

Atendemos á técnica de movemento da disciplina en particular, pero sen primala por enriba de tódalas cousas.  

 

Traballamos polo crecemento de nenas e nenos espert@s, que bailan, crean danza, e saben traballar autónomamente na clase , na escena e na vida.

BALLET CREATIVO / CONTEMPORÁNEO


Partindo do curriculum académico da Royal Academy of Dance de Londres ; propoñemos unha clase de ballet clásico que presenta a técnica a través do humor, o xogo e a teatralidade.

Combinada con técnicas contemporáneas; que permiten explorar a movilidade e expresividade do corpo en novos planos, e técnicas de improvisación; coas que desenvolver o movemento natural e a cor imaxinativa única de cada persoa.

 

Presentamos un achegamento multidisciplinar á danza no que o desenvolvemento  das capacidades físicas, imaxinativas e a dispoñibilidade ao xogo para o movemento son máximas no facer.
 

GRUPOS POR IDADES (Curso 2017/18)

PreBallet 1 / Martes 18:20 a 19:20 (4ª e 5º de Infantil)
Preballet 2 / Luns 18:20 a 19:20 (5º e 6º de Infatil)
Ballet Elemental 1a / Martes 18:20 a 19:20 (1º e 2º primaria)

Ballet Elemental 1b / Xoves 18:20 a 19:20 (1º e 2º primaria)
Ballet Elemental 2a + Moderno / Mércores 18:30 a 19:30 (3º e 4º primaria)

Ballet Elemental 2b / Luns 19:30 a 20:30 (3º e 4º primaria)
Ballet Elemental + Contemporáneo / Martes 19:20 a 20:30 
(5º e 6º de Primaria, 1º ESO)

DANZA MODERNA TEATRAL & beakdance

Achegamento multidisciplinar á danza. 


Partindo dunha mezcla de estilos que será a base da clase: Funky, Hip Hop e Breakdance; e combinado cunha introducción a elementos acorbáticos básicos, traballo de elesticidade e coordinación, movememento teatral, expresión clown e traballo do ritmo e precusión corporal con petiscos de claqué; presentamos unha pedagoxía alternativa da danza na que teñen tanta importancia o desenvolvemento das capacidades técnicas d@ nen@, como o desenvolvemento da sua expresividade e teatralidade corporal. 

GRUPOS POR IDADES (Curso 2017/18)

Moderno 0 / Luns de 18:20 a 19:20 (6º Infantil - 1º E 2º primaria)

Moderno 1 / Venres de 18:00 a 19:00 (3º e 4º de Primaria)

Moderno 2a / Venres de 19:00 a 20:00 (5º e 6º de Primaria)

Moderno 2+ / Venres de 20:00 a 21:00 (6º de Primaria 1º ESO)

Breakdance / Venres de 16:30 a 17:30 (nenxs)


 

​DanzaNenxs Website: Click!
Para mais idade , consulta Danza Xoven​

BALLET E DANZA MODERNA ESTÁN PRANTEXADAS COMO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. 
 

Aos inicios de Danza Alfaia, non había clases de Danza Moderna e xs alumnxs tomaban dúas clases de ballet clásico á semana. Co paso do tempo decidimos combinar estas dúas actividades complementarias para ofertar un achegamento á danza mais completo e estimulante. En vez de dúas clases de ballet á semana xs alumnxs comezaron a cursar só unha, e no tempo destinado á segunda sesión comezamos a aprender este outro estilo que nos producía mais dinamismo e frescura. 

Este é o xeito no que prantexamos o curriculum e o horario para xs peques. 
 

Se a tua nena ou neno é unha apaixonadx da danza e sempre quere mais ... combinade!

INSCRICIÓN E MATRÍCULA 2017/2018
Secretaría de Alfaia

(Escola de Música e Danza) 

C.S.C de Fontiñas, rúa Berlín, 13. 3º andar.

Horario en Setembro:

martes, mércores e xoves de 18 a 21h

 605 842 430

alfaia.secretaria@gmail.com

CLASE DE PROBA GRATUÍTA

INSCRICIÓN PREVIA OBRIGATORIA EN

Secretaría de Alfaia:

Presencialmente,

por teléfono ou mail.

As clases comezan o Luns 2 de Outubro, 2017

bottom of page