Ballet / Danza Teatro
Filosofía DanzaNenxs
Partindo do curriculum académico da Royal Academy of Dance de Londres, impartimos unha pedagoxía alternativa da danza clásica na que teñen tanta importancia o desenvolvemento das capacidades técnicas d@ nen@, como o desenvolvemento da sua expresividade, teatralidade corporal, disponibilidade ao xogo e construcción do movemento a través da súa propia imaxinación.
Traballando polo crecemento de nenas e nenos espert@s que bailan, crean danza, e que saben traballar autónomamente na clase, na escena e na vida.
A filosofía "DanzaNenxs" comézase a pensar e poñer en práctica no 2009, da man de Marta Alonso, como unha alternativa á pedagoxía de danza comúnmente utilizada nas escolas. Na actualidade é unha filosofía de traballo que segue medrando e repensándose. É o xeito de facer con nenxs utilizado principalmente en Alfaia Danza e posta en práctica por Paula Quintas e Marta Alonso.
Horarios e edades por niveis:
Pre- ballet 1 Primer nivel (nenxs nacidxs en 2012 e 2011).
Grupo B: Luns de 18:10 a 19:00. Profesora: Paula Quintas. Límite de prazas: 13
Pre-ballet 2. Segundo nivel (nenxs nacidxs en 2010 e 2011).
Grupo A: Martes de 18:20 a 19:20. Profesora: Marta Alonso. Límite de prazas: 13
Ballet Iniciación / Nivel 2 (nen@s nacid@s en 2008 e 2009).
Grupo A: Mércores de 18:30 a 19:30. Profesora: Marta Alonso. Límite de prazas: 13
Grupo B: Xoves de 18:20 a 19:20. Profesora: Paula Quintas. Límite de prazas: 13
Ballet Elemental (dende nen@s nacid@s en 2007).
Martes de 19:20 a 20:30. Profesora: Marta Alonso. Límite de Prazas: 13
Para mais edade; Consultar "DanzaXoven"
