top of page
Fondo lineal abstracto

Danza para adultxs

- Programa de Formación en Danza Contemporánea.
- Pro
grama de Formación Lindy Hop.
- Programa de Formación en Twerking.

DANZA CONTEMPORÁNEA

Niveis Iniciación- Intermedio-Avanzado.

Este curso ten como obxectivo coñecer o noso corpo desde dentro, cara a fóra e utilizalo como soporte de traballo, e así chegar ao movemento total.

Traballaremos técnicas como Cunningham, Release ,Flying Low, centrándonos principalmente no centro condicionado, o espazo que nos rodea, liñas corporais relacionables ,simetría/asimetría do movemento e o flow do eco da acción.

Outros elementos que se desenvolverán e investigarán no curso son: o estudo do chan, e o dominio del como un espazo máis, partindo da xénese do neno, así como unha iniciación ao movemento acrobático. O manexo da acción co menor esforzo muscular posible, e o uso do espazo como algo global que nos rodea.

CREACIÓN CONTEMPORÁNEA.

LABORATORIO DE MOVEMENTO

Multinivel

Parte da base e a investigación corporal, procurando e facilitando a liberdade do movemento. Aprenderemos a codificar e a falar de movemento para posteriormente poder traballar en creacións espaciais desde dúos, tríos ou unísono grupal.

Traballo con elementos escénicos.

Recomendado para alumnos e profesionais de danza, teatro e outras disciplinas artísticas.

LINDY HOP

Niveis Iniciación- Intermedio.
 

O lindy hop é un baile por parellas nado na década dos anos 30 na comunidade afroamericana de Nova Iork, asociado á música swing das big bands daquela.

É un baile dinámico, divertido, no perfecto punto medio entre desenfadado e elegante, ideal para todas as idades, e cun compoñente social fundamental que sempre se traduce na formación dunha comunidade de amigables e tolos lindy hoppers.

TWERKING

Niveis Iniciación- Intermedio
 

O Twerking é unha disciplina que esta relacionada cas danzas urbanas, e tamen coñecida como 'cultura bounce', un tipo de música derivado do hip-hop o cal naceu en Nova Orleans. O traballo físico ven derivado moito sobre o traballo de pelvis.

O Twerking foi popularizado moito nos últimos anos a nivel global. A actuación de Miley Cyrus na gala MTV de 2013 ten moito ver.

bottom of page